O Paraíso está en problemas

734

Xusto un mes antes de estivese previsto o escomezo da produción, a Legendary Pictures ven de detér totalmente o proxecto de Alex Proyas de adaptar ao cinema o épico poema clásico de John Milton Paradise Lost.

A paralización foi unha sorpresa total. A preprodución durara meses e o reparto incluía actores de renome coma Bradley Cooper, Benjamin Walker, Camilla Belle e Casey Affleck, todos cos seus respectivos contratos xa asinados. A equipa de rodaxe estaba xa en Sydney, Austrália, preparada para escomezar nos estudos locais da Fox, cando foron informados do adiamento.

Os motivos para isto non podían ser outros cós cartos. A Legendary insiste en que o filme ainda non está morto, senón que debe revisar-se o seu orzamento e tirar moi para abaixo (xusto o que fixo tamén a Disney co seu outro proxecto, The Lone Ranger). Os mais de 120 millóns de dólares de orzamento inicial de Paradise Lost estaban a se sobrepasar con moito o 10 e mais o 15% debido especialmente ao traballo con pantallas verdes e os efectos especiais destiñados a crear a história da caída de Lucifer dende o ceo e a guerra entre as súas forzas infernáis e as do poderoso deus do Ceo.

Polo de agora non hai prevista ningunha data para recomezar, pero agárda-se que poida ser despois de páscoa, mais ou menos a mediados deste ano, e supoñendo que todo vaia ben.