Marchando outra de albóndigas!

0
155

Os artistas da Sony Animation Cody Cameron e Kris Pearn veñen de seren designados para dirixir Cloudy With a Chance of Meatballs 2.

O proxecto está aínda nas súas primeiras fases de desenvolvemento pero a história que escomezou na primeira película continuará da man do seu protagonista, o inventor Flint Lockwood. John Francis Daley e Jonathan Goldstein están a escribir o guión, mentres que Kirk Bodyfelt será o produtor.

Pearn traballou coma xefe de guionistas e Cameron foi un dos debuxantes encargados do primeiro filme. Ademais, Cameron tamén dirixiu a película que saiu directa para o mercado de renda de DVD titulada Open Season 3. Phil Lord e Chris Miller, quen dirixiron o filme orixinal en 2009, serán desta volta os produtores executivos.