Viral, terror no teu smartphone

0
159

A Screen Gems ven de se facer cos dereitos para facer unha longametraxe a partir da curta dun estudante chamado Tim Shechmeister e que leva por título Viral.

Ambientado no mundo do cyberbullying, os que poideron ver o orixinal din que seica o tón é semellante ao de filmes coma The Grudge ou The Ring, pero deseñado para a xeración actual con smartphones e as redes sociais que actúan esencialmente coma extensións de nós mesmos, todo elo incluindo elementos sobrenaturais.

Shechmeister dirixiu e co-escribiu o guión da curta coma parte da súa tese doutoral xunto ao seu irmán Matt e agora ambos farán posíbelmente o mesmo traballo para a longametraxe.

Stephen Susco, Roy Lee e Lawrence Grey serán os produtores.