Saoirse Ronan na terceira guerra mundial

0
146

A actriz Saoirse Ronan (Hanna, Atonement) será a protagonista do filme independente dirixido por Kevin MacDonald How I Live Now para a Film 4 e mais a Cowboy Films.

Baseado na novela hónima de 2004 da escritora Meg Rosoff, Ronan interpreta a unha adolescente contemporánea de New York que está a pasar o verán coa súa família nunha casa de campo en Inglaterra.

Cando a terceira guerra mundial estoupa e os insurxentes invaden o país, ela e mais unha rapaza pequena deberán sobrevivir soas nos bosques e tentar atopar un lugar seguro.

Jeremy Brock e mais Tony Grisoni escribiron o guión. Brock e mais Macdonald traballaran xuntos anteriormente no filme The Last King of Scotland. Charles Steel e Alasdair Flind serán os produtores.