Rico Rodriguez dá ao chimpo ao cinema

0
194

Bryan Edward Hill ven de recebir o encargo de escribir unha nova versión do guión de Just Cause: Scorpion Rising, a adaptación ao cinema da popular série de videoxogos orixinal da mesma compañía que creou Tomb Raider e Hitman, a Square Enix.

Os xogos teñen coma protagonista a Rico Rodriguez, álias o Escorpión, un axente secreto dos servizos especiais que leva a cabo perigosas misións para o governo americano e que tentan desestabilizar nacións terroristas, volvendo aos malos a se rebelaren os uns contra os outros. O primeiro xogo da série estaba ambientado na fictícia illa tropical sudamericana de San Esperito, e o segundo na illa indonésia de Panau.

Rodriguez usa decote un garfo e mais un paracaídas retraíbel para desenvolver perigosas misións coas que desafía á morte e ás leis da física, coma coller avións en pleno vóo ou batallas no aire que inclúen chimpar a bordo dun mísil intercontinental.

Michael Ross (Turistas) escribiu a versión anterior do guión e Adrian Askarieh e Eric Eisner serán os produtores. O filme falará posíbelmente sobre a orixe de Rico.

O segundo xogo na série lanzou-se a primeiros do ano pasado e xa vendeu mais de tres millóns e médio de cópias. Nestes intres está-se a desenvolver unha terceira entrega da saga.