Cinco novas entregas con Daniel Craig

0
202

Con tan só dúas películas estreadas e con 43 anos de idade, o actor Daniel Craig podería converter-se no axente 007 mais lonxevo de todos cantos existiran, após de recebir unha oferta multimillonária.

Nunha entrevista coa prensa sensacionalista inglesa, o produtor da saga de James Bond Michael G. Wilson dixo que lle gostaría que Craig fixera cinco filmes mais após de rematar a rodaxe da súa actual terceira película, elevando asemade o total a oito.

Iso faría de Craig o James Bond con mais percorido, por riba de Roger Moore con sete, Sean Connery con seis e Pierce Brosnan con catro. Wilson dixo que “é de feito algo que temos que discutir con el unha vez que dea rematado esta rodaxe. A rodaxe foi moi ben até agora e encantaría-me que Daniel sobrepasase o récord de Roger e fixese oito películas“.

Ademáis engadiu: “Foi un absoluto pracer ter por aquí a Daniel porque se toma o papel moi en sério. Non hai ninguén mais apaixoado en lograr que estes filmes funcionen ca el, é o soño de calquera cineasta. Moita xente dixo que Daniel é o seu Bond favorito despois de Sean Connery e eu non podo discutir iso. Está a facer un grande traballo“.

Seica Craig está a gañar 9,5 millóns de euros polo seu traballo no filme dirixido por Sam Mendes Skyfall. Ao respeito do filme, Wilson dixo que o tón é moito mais próximo aos días do Bond interpretado por Connery: “o director Sam Mendes e mais Daniel están levándo-o de volta aos anos 60, mais tipo Sean. Coido que iso é o que os fans queren. Hai un senso máxico de Goldfinger ao seu redor. É moi emocionante“.