I Salón do Manga de Vigo

889

Xuvenalia 2007Segundo vimos de coñecer, por fin haberá Salón do Manga en Vigo. Do 26 ao 28 de decembro, dentro das xornadas Xuvenalia 2007, a primeira semana de lecer xoven de Vigo, e co marco da Estación Marítima, o manga chegará á cidade olívica.

Coas labouras organizativas da Asociación Xuvenil Ippon, dentro destas xornadas haberá espazo para as actividades, talleres, concursos, parolas-colóquio, etc. Asemade haberá unha zona comercial onde estarán as tendas especializadas de Vigo e editoriais de manga españolas, con demostración de artes marciais, degustación de comida xaponesa, exposicións e proxeccións de anime.

Entre os autores convidados, compre destacar a presenza de Javier Rodríguez, (autor do manga Lolita HR de Glenat), as autoras de Paper Cats e Synop6 e Ayame Shiroi (autora do manga Rosacruz de Medea Ediciones). No tocante á previsión de asisténcia, prevé-se a presenza dunhas 30.000 persoas durante os tres días que durará o evento.