A precuela de 300 que están a desenvolver a Warner Bros. e mais a Legendary Pictures ainda non atopou a un actor protagonista, pero seica pode ter atopado xa a unha actriz principal, segundo diversas fontes.
Eva Green (Casino Royale, Camelot) entrou en negociacións para interpretar a Artemisa no filme 300: Battle of Artemisia, a precuela dirixida por Noam Murro do filme que en 2007 adaptou ao cinema o cómic orixinal de Frank Miller baixo as ordes de Zac Snyder.
Green interpretaría a unha despiadada deusa coberta de ouro que persuade a Xerxes para que forme un exército e o lidere na batalla. O argumento do filme ainda non foi desvelado, pero polo que se sabe, os acontecementos narrados nel teñen lugar ao mesmo tempo cós narrados na película orixinal, 300.
A produción tiña previsto escomezar a primeiros do ano que ven e conta coa produción de Mark Canton, Gianni Nunnari, Bernie Goldman, Zack Snyder, Deborah Snyder e Thomas Tull.