Cando hai uns días se soubo que de xeito inesperado Patty Jenkins abandoaba a secuela de Thor, moitos ficaron abraiados, confusos e mesmo disgustados. Ainda que se dixo que a separación foi amigábel e causada por diferéncias creativas, o certo é que Jenkins foi despedida sen aviso prévio.
Entre os confundidos está a protagonista do primeiro filme, Natalie Portman, quen está “profundamente alporizada pola decisión“, segundo fontes próximas á actriz. Portman pedira específicamente á Marvel que contratase á directora de Monster, e só cando a contratación foi un feito, Portman decediu participar na segunda parte.
Agora, mália a marcha de Jenkins, Portman está obrigada por contrato a ficar no proxecto. A produtora, nun esforzo por acougar as cousas, decediu incluir á actriz na toma da decisión sobre quen debe ser o sustituto de Jenkins.
Respeito á directora, ainda hai moitas dúbidas sobre por que foi despedida. Unhas fontes afirman que Jenkins tiña visións demasiado persoais para o filme, outros din que os executivos da Marvel estaban nervosos porque coidaban que Jenkins non quixera someter-se á disciplina creativa da produtora e que iso podería crear problemas para ter o filme rematado en novembro de 2013, tal e coma pretenden.