A odiseia das cinzas de Scotty

0
212

James DoohanCon sorte, algún día, o espazo será a fronteira final para James Doohan, o actor que interpretou a “Scotty” na série Star Trek. Tres anos após da súa morte por mor do mal de Alzheimer, todas as súas cinzas ainda non chegaron ao seu destino final. En decembro de 2006, unha parte dos restos de Doohan foi lanzada ao espazo nun foguete, pero o lanzamento foi atrasado e houbo que facer novos plans para as cinzas do actor, que viaxaban xunto ás doutras 200 persoas. As cinzas enviáron-se ao espazo finalmente en abril de 2007, onde ficaron durante 4 minutos e logo regresaron á Terra en paracaídas. Este pasado sábado estaba previsto que se enviasen de novo ao espazo, pero esta vez para ficar alí para sempre. Nombergantes, o lanzamento volveu fallar.

Agora, segundo informa a BBC, despois do fracaso da misión, as cinzas de Doohan se perderon. Non están claros os detalles da desaparición, pero é doado deducir que o contido do foguete perdeu-se durante o lanzamento fallido, que tivo lugar na illa do atolón de Kwajalein no océano Pacífico. Nese caso, semella evidente que as cinzas non se pdoerían recuperar. Un dos fillos de Doohan escribiu unha mensaxe que foi posteada en BoingBoing, na que declaraba que lle gustaría “rematar de dicir adéus“, e que “cada intento de lanzamento é coma revivir o seu funeral“. Outros médios informaron que se intentará un novo lanzamento no futuro e que as cinzas perdidas se sustituirán con outras.