Finou Joe Simon

0
123

Joe Simon, o lendário creador de persoaxes de cómic coma o Capitán América, Sandman, a Mosca e centod mais, finou o pasado 14 de decembro aos 98 anos de idade, segundo fixo público o seu fillo no Facebook. Xunto ao seu parceiro Jack Kirby, Simon revolucionou os xéneros de cómic de superheroes, de terror e mesmo de romance. Nos últimos anos, Simon adoitaba aparecer en convencións, onde sempre era aclamado coma unha lenda vivinte da Era Dourada do Cómic.