Renovada American Horror Story

226

A série American Horror Story foi renovada para unha segunda tempada que estará composta por 13 episódios, segundo anunciou John Landgraf, presidente da FX Networks. Este programa, creado por Ryan Murphy e Brad Falchuk, é unha série dramática que explora un conto de terror subversivo cunha visión moderna e xira en torno aos Harmon, unha família de tres que se muda de Boston para Los Angeles como maneira de se conseguir reconciliar co seu pasado.