Poderán falar os símios?

0
169

Mentres que a  Fox está xa a poñer na lanzadeira de saída a secuela do éxito deste verán de Rupert Wyatt Rise of the Planet of the Apes, os guionistas do filme Rick Jaffa e mais Amanda Silver deixaron caír nun recente podcast de Jeff Goldsmith algún detalliño interesante do que podería ser esta continuación:

Estamos a traballar na secuela agora mesmo, paraa precuela, e a parte emocionante é que, non cho vou contar, pero… eles van falar ou non? Parte do desafío era como contar todo o que aconteceu entre os símios sen verbas. Ao final coidei que sería un bó desafío para nós. Creo unha história millor“.

O dúo tamén mencionou un posíbel título para a secuela: Rise of the Planet of the Apes: Part Two, pero seica isto último dixéro-no mais ben en plan de broma.