Nunha recente entrevista, o director Ridley Scott comentou novos detalles sobre a súa longamente agardada precuela de ciéncia-ficción Prometheus, e mesmo deu algunhas respostas a preguntas que os fans levaban moito tempo a se facer, se ben foi só para erguer novas preguntas no proceso.
Cando lle preguntaron directamente se o final deste filme que está a rodar podería enlazar-se directamente co comezo de Alien, Scott dixo que “non, absolutamente non… quero dicir, poderías dicir realmente, e iso é unha cita de min mesmo, unha moi boa: contra o final do terceiro acto podes comezar a te decatar de que hai un ADN do primeiro Aliend, pero non de ningún dos seguintes. Non che vou dicir que iso sexa unha mágoa, porque é realmente bó, moi orgánico para o proceso e para o orixinal. Pero iremos atrás, non imos adiante“.
O piloto fosilizado da nave esnaquizada que se deixou entrever no primeiro Alien tamén foi obxecto de preguntas: “sempre estiven abraiado de que ninguén se preguntase quen diaños era o Space Jockey. Nin sequera chamában-lle Space Jockey. Durante o filme comezaron a lle chamar Space Jockey. Non sei quen comezou iso. Sempre coidei que era abraiante que ninguén pregunta-se quen era e o que facía alí. De qué ía todo iso? Sentei a coidar sobre iso un intre e pensei, vaites, aí hai unha história! E os outros catro filmes non falaron dela! Así que aquí está“.
Mais tarde na entrevista preguntáron-lle se ía-mos ver o xenomorfo orixinal no seu vindeiro filme. E Scott dixo: “Non. Absolutamente non. Esprimíron-o a tope. O xenomorfo fíxo-o moi be, sobreviviu, agora está en Disneylándia en Orlando, e eu non penso ir alí a por el. Como rematou en Disneylándia? Eu vi-no en Disneylándia, óstia!“. Scott tamén confirmou que o deseñador orixinal de Alien, H.R. Giger, “está a facer un pouco de traballo para min. Fixo algúns muráis, muráis grandes, que veremos en case a primeira das cámaras que atopemos no sítio onde imos aterrar“.