Zaillian quere dirixir Os Cronocrimes

0
186

O guionista gañador dun Oscar Steve Zaillian, cuxo traballo mais recente foi a adaptación do guión de David Fincher The Girl with the Dragon Tattoo, dixo que está a considerar a posibilidade de se sentar na cadeira de director para o remake do thriller de ciéncia-ficción español Os Cronocrimes, que está a producir a Dreamworks Pictures.

O filme orixinal de Nacho Vigalondo vai sobre un home que vai atrás unha hora no tempo repetidamente, para tentar alterar os acontecementos dun crime. Zaillian chegou a bordo do proxecto para facer un remake o pasado xaneiro. Daquela, e ainda que non se confirmou nunca oficialmente, David Cronenberg estaba vencellado ao proxecto, pero o director canadiano finalmente decediu-se por outro filme o mes pasado.

Zaillian dixo nunha entrevista que “iso é algo que podería dirixir eu pero non-o sei. Non temos reparto, pero é complicado, porque eu quero facer un filme de moi baixo orzamento. Non quero facer un filme con grande presuposto para iso. Coido que grande parte do seu atractivo é que é un thriller de baixo presuposto, pero é difícil de face-lo sen un actor importante, así que o truco é atopar un actor axeitado que non suba de súpeto o orzamento nos 20 ou 30 millóns. Eu gostaría de face-lo por dez millóns de pavos. Miras para el e é unha desas raras oportunidades onde tes catro persoaxes, dúas localizacións, por que precisas gastar 40 millóns de dólares? Isto é un regalo, é unha história que non queres contar doutro xeito, e resulta que é un xeito económico“.