Harrison Ford, confirmado para Ender

0
138

Ven-se de confirmar que Harrison Ford está xa por fin contratado para O xogo de Ender, a adaptación ao cinema da famosa novela de ciéncia-ficción de Orson Scott Card. E xunto a el a xoven actriz Abigail Breslin (Zombieland), que fará o papel da irmá maior de Ender Wiggin (Asa Butterfield). A produción escomezará a se rodar en New Orleans a primeiros de 2012, coa vista posta nunha estrea que non será até 2013.