Disney merca a Monster Attack Network

0
201

Monster Attack NetworkA Disney non adoita mercar os dereitos sobre os cómics doutros (a última vez foi xusto hai un ano con Pet Robots, que ainda está en preprodución). De feito, a Disney xa ten abondo persoaxes de seu como para precisar mercar os de terceiros.

Pero seica agora volveran tenta-lo, e ao grande. De feito, veñen de mercar os dereitos sobre a obra de Marc Bernardin e Adam Freeman Monster Attack Network, unha história para todos aquelos que disfrutan cos filmes de Godzilla.

O argumento xira ao redor da illa de Lapuatu, no Pacífico Sul, unha illa perfecta en todos os sensos, agás porque é o obxecto dos frecuentes ataques de monstros mariños xigantes. E aí é onde aparece Monster Attack Network, un grupo de tipos duros que loita contra os monstros, ainda que non adoitan mata-los, e logo adícan-se a supervisar a reconstrución dos destrozos. Os protagonistas son o guapo e musculoso Nate Klinger e mais a súa incríbelmente sexi axudante Lana Barnes.

Ainda non hai director nin data de lanzamento para o proxecto, pero Jason Netter (Wanted) será o produtor. O reparto de actores está aínda na fase do cásting.