Alan Taylor, o novo director para Thor

0
200

Alan Taylor gañou ao seu compañeiro coma director de Game of Thrones, Daniel Minahan, e fíxo-se co posto de máximo responsábel da secuela de Thor, o filme sobre o superheroe/deus nórdico que producirán a Marvel Studios e mais a Walt Disney Pictures.

Entre os anteriores créditos de Taylor hai que contar o filme Palookaville e algúns episódios de séries de televisión coma a xa mencionada Xogo de Tronos, Mad Men, Nurse Jackie ou a aclamada Boardwalk Empire. Taylor sustitúe neste posto a Patty Jenkins, quen foi despedida hai un par de semanas de xeito surpresivo.

Coa contratación de Taylor, o proxecto está en marcha novamente e ainda ten coma data de estrea prefixada o 15 de novembro de 2013.