Frozen, o novo conto da Pixar

0
130

A Disney ven de anunciar que colocou na súa axenda de estreas a Frozen, unha adaptación do clásico conto de fadas de Hans Christian Andersen Sneedronningen (A raíña das neves), concretamente para o 27 de novembro de 2013.

O filme será unha película de debuxos animados en 3D e contará a história de Kai, un rapaz que é abducido pola malvada raíña das neves cando os anacos dun espallo enmeigado por un troll se lle craven nos ollos e no corazón. A raíña daquela poderá entrar no mundo cando chegue o inverno.

Pero Gerda, a compañeira de Kai, a súa veciña e namorada, ainda acredita nel e comezará unha busca épica para trae-lo de volta dende o palácio da raíña.

O proxecto levaba moito tempo a se desenvolver, polo que xa hai moito traballo adiantado. De feito, a última vez que se falara del foi en 2002, cando ía ser un filme de debuxos animados feitos a man, o que non acontecerá agora.

Co anúncio deste proxecto, o filme de dinosáuros da Pixar que ainda non tiña título fica momentáneamente fóra da grella de estreas para 2013, e deberá agardar a unha nova data.