Os Vingadores terán dous e tres dimensións

0
180

A Disney Studios ven de anunciar que o seu filme estrela de 2012, The Avengers, será lanzado simultánemente en 2D e en 3D, unha estratéxia que está a dar moi bós resultados ultimamente.

As novas non supoñen unha grande surpresa, considerando que as dúas anteriores estreas da Marvel xa pasaron polo mesmo proceso. Joss Whedon, director da fita, dixo que pensou sobre o formato “cada segundo” da rodaxe, e que este filme non será “descaradamente en 3D“.

Non haberá un ‘ou, mira, imos pasar vinte minutos pasando por este túnel só porque o filme é en 3D’. E ninguén vai estar apuntando á pantalla todo o tempo. Pero é un filme de acción. As cousas tenden a pasar voando a toda velocidade cara á pantalla de todos os xeitos… non son un grande fan das lentes de longo alcance, eu gosto de ver o espazo no que estou e acomodar-me a el, así que o 3D encaixa coa miña estética de todos os xeitos. E a tecnoloxía avanzou moito no último par de anos“.