Cando a terceira entrega da saga de Paranormal Activity xa leva recadados mais de 200 millóns de dólares en todo o mundo, e iso mália contar cun orzamento de tan só 5 millóns, a única pregunta que cabía facer-se é a que estaba a agardar a Paramount para anunciar outro novo filme desta série de pantasmas e demos.
Nun comunicado de prensa dado a coñecer onte, os estudos confirmaron que están a preparar unha cuarta entrega de Paranormal Activity, pero ainda sen anunciar unha data específica para a estrea. A causa do baixo orzamento e da rapidez coa que se producen os filmes desta saga, as anteriores películas comezaron a se rodar en verán e estreáron-se en outubro dese mesmo ano, polo que non hai dúbida de que se continuará co mesmo patrón.
O filme en todo caso deber;a competir cunha chea de estreas dos mesmos estudos que xa contan con data fixada para este ano: World War Z, G.I. Joe: Retaliation, Hansel and Gretel: Witch Hunters, A Thousand Words, My Mother’s Curse e mais o filme de debuxos animados Madagascar 3: Europe’s Most Wanted.