Piranha 3DD si estará nos cinemas

1027

Hai uns días escomezaron os rumores na prensa sensacionalista inglesa que dicía que a vindeira secuela de Piranha 3D, que levará por título Piranha 3DD, iría destiñada directamente ao mercado de aluguer de DVDs a mediados de marzo en Inglaterra.

Pouco despois, vários sítios Web americanos indicaron que o filme, que promete mais sangue e peitos ca nunca, está aínda na grella de estreas nas salas de cinema para este mesmo ano, concretamente en primavera, polo que lanzar nas mesmas datas a película en vídeo tería consecuéncias desastrosas para a recadación.

Finalmente, o co-guionista do filme, Patrick Melton, puido falar do tema para desmentir na súa meirande parte os rumores: “para deixa-lo claro, o lanzamento inicialmente previsto en Acción de Grazas era unha idea demasiado optimista. Marcus e mais eu comezamos a escribir o guión ao redor de Acción de Grazas de hai un ano… tiñamos en mente rodar en Louisiana e decatámo-nos de que non poderíamos rodar até finais de marzo por mor do tempo frío. Agora, cos efectos especiais engadidos necesitamos crear ou millorar as pirañas e a data de Acción de Grazas ficou fóra de prazo“.

Ademais, engadiu que “hai un mes fíxo-se unha estrea restrinxida con bós resultados. Tan bós que os estudos déron-nos mais cartos para millorar os efectos especiais. Axiña estará todo listo para a estrea nas salas de cinema. Por mor da ‘vibración de primavera’ no filme, a primavera é a estación óbvias para estrear. E coma a Dimension Films financiou o filme e é a dona, decediron cando rodar e cando estrear internacionalmente. Así que iso é todo, e todo beó. Nas salas de cinema esta primavera, vémo-nos aló!“.