A voz de Bane será alta e clara

0
172

Após de que se filtrasen os primeiros comentários sobre a preestrea, a queixa xeralizada dos fans sobre a versión de The Dark Knight Rises en IMAX é a imposibilidade de entender o que di Bane, o vilán desta entrega, polo que hai tres semanas a Warners decediu investigar se é posíbel que a voz do mortal inimigo de Batman soe menos deturpada e mais clara tras a súa máscara. Nombergantes, o director Chris Nolan afirmou que non tiña plans para retomar o traballo da voz, mais aló dun mínimo axuste.

Pois ben, fontes internas da produtora e concretamente por boca dun encargado da proxección dunha sala IMAX afirman que recebiron unha nova banda sonora para que acompaña ao prólogo, na que o ruido de fondo é reducido considerábelmente, concretamente o dos motores do avión, o que permitiría que a voz de Bane soe mais clara.

A devandita fonte afirma que a voz é agora entre un 40 e un 50 % mais clara que antes. A xente que puido ver xa a película foi cuestionada sobre este tema e ningún manifestou ter problemas para entender ao supervilán.

A Warners pola súa banda non quixo facer declaracións, nin confirmando nin desmentindo que traballasen de xeito algún no problema da voz de Bane.