Estrea de Cthulhu, the Movie

1
248

Cthulhu, the MovieO vindeiro 22 de agosto, só para uns poucos afortunados en cinemas seleccionados nos Estados Unidos, producirá-se por fin a estrea mundial de Cthulhu, the Movie. Dirixida por Dan Gildark e cun guión de Grant Cogswell a partir dunha história orixinal de H.P. Lovecraft, conta no seu reparto con Jason Cottle, Scott Patrick Green, Cara Buono, Tori Spelling e Robert Padilla.

O argumento dá-lle unha nova volta de rosca ás histórias do mestre Lovecraft, ao poñer a un persoaxe gai como protagonista. Russell, un xove profesor de História que vive en Seattle (Oregon) é chamado pola súa irmá Dannie para que asista ao funeral da súa nai e execute o seu testamento. Russell regresa á súa vila natal para así atopar a Mike, o seu antigo amante, e ao seu severo pai, o reverendo Marsh, líder dunha secta da New Age. O protagonista deberá enfrontar-se a unha chea de estrañas aventuras e finalmente tomar unha terríbel decisión que lle afecta a el e ao futuro do mundo.

O filme independente, baseado lonxanamente no relato A sombra sobre Innsmouth de H.P. Lovecraft, recebiu magníficas críticas por parte dalgúns dos máis salientábeis estudosos dos mundos lovecraftiáns, coma S.T. Joshi, e estreou-se o ano pasado no Festival de Cinema Internacional de Seattle, pero non puido sair do circuito dos festivais até agora. O certo é que ten unha fasquía realmente boa e cun pouco de sorte non haberá que agardar moito antes de ve-lo estreado en España, ainda que sexa directamente en DVD.

1 comentário

Comments are closed.