Bullock enfronta-se á Gravidade sen maquillaxe

0
159

Os persoaxes que normalmente vemos no cinema poden estar a pasar polo seu peor momento, ser torturados ou mesmo estar no inferno, pero o que nunca fallará a ningún deles é a maquillaxe. Pois ben, isto seica vai cambiar axiña.

Sandra Bullock concedeu unha entrevista esta semana a unha popular revista americana e falou sobre o seu traballo co director de Children of Men, o mexicano Alfonso Cuarón, e concretamente sobre o seu novo thriller de ciéncia-ficción Gravity. O filme vai sobre dous astronáutas que sobreviven a unha explosión na súa estación espacial após de que un satélite choque contra ela, deixándo-os aos dous nunha situación desesperada.

Bullock revelou que no nome da autenticidade, Cuarón está a rodar o filme sen contar con maquillaxe en ningún dos dous protagonistas: “que deus nos axude a todos cando a miña face apareza na pantalla sen maquillaxe. Vou ter que me desculpar agora, pero Alfonso, nunha xogada intelixente, dixo ‘nada de maquillaxe’. As nosas faces van ter un tamaño de cinco metros na pantalla. Ides ver todos os detalles porque está rodada con este filme dixital que amosa todo. Mete moito medo. Hai esceas onde dis ‘aquí tes que deixa-lo todo nas mans de deus’.  E grazas a deus, non hai esceas onde esteamos espidos“.

Unha primeira versión do filme xa rematado atópa-se xa nas mans dos estudos, pero a post-produción non rematou e a estrea non se producirá até o 21 de novembro deste ano.