É Bradley Cooper o novo Lex Luthor?

0
163

Agora que a rodaxe de Paradise Lost ficou adiada, o actor Bradley Cooper podería ter que interpretar a outro superfalcatruán na pantalla de cinema, un pouco menos diabólico ca Lucifer pero non menos malvado.

Así, os rumores (ainda sen confirmar en absoluto) apuntan a que está a negociar un cameo para o papel de Lex Luthor no vindeiro relanzamento de Superman no filme Man of Steel.

O vilán principal deste filme é o xeneral Zod, ao que dá vida Michael Shannon, pero seica algúns boxcetos do guión orixinal incluían a Luthor coma o antagonista. Agora que iso xa non vai acontecer, o único que cabe agardar é a que haxa un cameo de Luthor, se cadra coa ideia de incluí-lo nos futuros filmes (ou para que sexa un persoaxe secundário que apareza en todas as entregas).

Con todo, non hai ren confirmado e todo o anterior son só rumores.