As Tres Guerras Mundiais Z

797

Cando a Paramount Pictures anunciou que ía levar ao cinema a novela de Max Brooks World War Z, que mistura un apocalipse zombi coa sátira política, moitos preguntáron-se como ían acada-lo. Após de todo, a novela é realmente unha antoloxía, na que cada episódio é esencialmente unha entrevista sobre un tema diferente e sobre unha parte distinta do mundo, o que permite que cada capítulo secentre en como a xente e os países reaccionaron antes, durante e despois da crise zombi. Facer iso mesmo nunha soa película sería difícil, se cadra mais axeitado para unha série de televisión.

Pois ben, seica por fin xa sabemos como vai ser posíbel levar a novela á pantalla grande: cunha triloxía. A prensa americana deu a coñecer hoxe unha cita que define como será o filme: “Forster [o director] e mais a Paramount Pictures contemplan World War Z coma unha triloxía que contería o realismo coñecido con armas de, digamos, a série Jason Bourne de Damon misturado coa desacougante vibración do fin dos tempos de The Walking Dead“.

Tal e coma se anunciara previamente, a história foi enteiramente reescrita coma unha narración con Brad Pitt coma persoaxe principal e que probábelmente estea implicado nalgunha das situacións descritas no libro. Hai moitos “temas de entrevista” no libro, con cadanseu escenário, polo que unha soa película podería explotar só unhas poucas desas situacións, mentres que unha triloxía podería dar cobillo a todas as importantes.

O proxecto está ainda agardando á súa estrea para nadal deste ano.