Kimberly Peirce (Boys Don’t Cry, Stop Loss) está a negociar a súa entrada coma directora nun novo proxecto que tentará adaptar á pantalla grande unha vez mais a clásica primeira novela de Stephen King, Carrie, para a MGM.
A história é ben coñecida por todos os fans e vai sobre unha rapaza atormentada polos seus compañeiros no coléxio e pola súa nai na casa e que usará os seus poderes telequinéticos para se vingar de todos os que lle causaron algún dano.
O guionista Roberto Aguirre-Sacasa está a adaptar o libreto, que segundo din será mais fiel ao orixinal e mais realista cá versión que Brian De Palma realizou en 1976, interpretada daquela por Sissy Spacek e Piper Laurie, ambas nominadas ao Oscar pola súa actuación.