Onde van os nenos malos

0
173

O libretista e director de teatro Alex Timbers está por se converter por primeira vez en director de cinema grazas a un novo proxecto titulado Heck que está a desenvolver a Metro Goldwyn Meyer.

O filme é unha adaptación da série de libros supervendas para nenos orixinal de Dale E. Basye, e a história vai sobre un rapaz e mais a súa irmá maior que morren nun misterioso accidente e son enviados a Heck, un reformatório no alén onde van os nenos malos e onde entre os profesores poderemos atopar a Richard Nixon ou a Lizzie Borden (unha famosa asasina do século XIX).

A parella planea escapar coa axuda dun amigo que sabe facer mapas. Inspirada fortemente polo videoxogo Dante’s Inferno, esta é a primeira entrega dunha nova série de libros que a MGM considera que teñen un grande potencial para se converter nunha franquía de éxito.

O guionista de Saturday Night Live David Iserson escribiu o primeiro boceto, ao que Chris Weitz está a lle dar unha nova fasquía. Karen Rosenfelt será a produtora.