Cumberbatch, o vilán de Star Trek 2

0
157

Após dos seus recentes éxitos en War Horse e Tinker Tailor Soldier Spy e da súa interpretación de Sherlock Holmes na série da BBC Sherlock, o actor inglés Benedict Cumberbatch ven de atopar un novo xiro á súa carreira e pasará-se ao fantástico grazas ao papel de vilán que lle foi ofrecido para o filme de J.J. Abrams Star Trek 2.

Cumberbatch acada deste xeito o papel para o que o mes pasado estaba a facer probas Edgar Ramirez e úne-se a un reparto de viláns no que xa figuran Noel Clarke, Alice Eve e Peter Weller. De todos os xeitos, a Paramount non fixo ningún comentário sobre esta última incorporación.

Abrams é o director do filme, que conta cun guión de Alex Kurtzman, Roberto Orci e Damon Lindelof. Este cuarteto será ademais o produtor da secuela de Star Trek xunto a Bryan Burk e David Ellison. A estrea está prevista para o 17 de maio de 2013.