Os recurtes acaban con Akira

0
150

A Warner Bros. Pictures vai pechar unha vez mais o seu proxecto de remake de Akira por mor dos problemas de orzamento e de cásting. As oficinas de produción en Vancouver pecharon a semana pasada e se lle pediu aos traballadores que volvesen ás súas casas.

Os produtores Jennifer Kiloran Davisson e Andrew Lazar deberán agora traballar xunto co director, o español Jaume Collet-Serra, durante as vindeiras dúas semanas, para rebaixar os custes do guión o máximo posíbel. E se iso non é posíbel, o proxecto enteiro será desbotado definitivamente.

Este remake con acción real do clásico anime xaponés dos anos 80 levaba loitando contra o seu avultado orzamento os últimos dous anos, e pasou por diversas versións e recurtes no seu camiño.

Así pois, esta seríaa cuarta vez que o proxecto se dá por morto técnicamente, se ben nas anteriroes tres ocasións resucitou-se após de rebaixar o orzamento. Nesta ocasión, se cadra a mais complicada de todas, a rebaixa deberá ser mais sinificativa, e pasar dos actuais 90 millóns de dólares aos 60 ou 70 coma moito.

Á Warner non lle tremeu a man estes días para derrubar proxectos que xa estaban en marcha, mesmo co casting pechado. O mes pasado decediu-se rematar con Arthur and Lancelot, mentres que a súa parceira, a Legendary Pictures, tamén pechou Paradise Lost, en ambos casos por mor de axustes no presuposto.