Os Wachowskis queren a Portman

0
164

Os irmáns Lana é Andy Wachowski están a tentar a Natalie Portman para que se decida a protagonizar o seu vindeiro filme de ciéncia-ficción, que levará por título Jupiter Ascending.

Portman, que xa traballou coa parella de realizadores no filme V for Vendetta (se ben daquela eles foran só produtores), estaría a considerar seriamente a posibilidade de asinar para este proxecto ultrasecreto que comezará a se rodar en outono.

O papel sería asemade para Portman a sua primeira intervención após de dar a luz ao seu fillo Aleph. Portman está tamén no punto de mira doutra produción, neste caso a adaptación ao cinema do libro de Jonathan Safran Foer Eating Animals.