Unha nova antoloxía de Stephen King

0
177

Mark Pavia está a escribir o guión dun novo filme que levará ao cinema diversas obras de Stephen King, unha antoloxía que non se vía nas pantallas dende os tempos de Creepshow e Cat’s Eye nos anos 80.

Pavia dixo nunha recente entrevista que “Steve elixiu dúas das histórias e eu elixón outras dúas — a selección é unha mistura perfecta do King clásico e do contemporáneo, un pouquiño para os seus fans novos e para os vellos. Será unha auténtica representación das súas diferentes persoalidades, dos seus estilos variados e das súas voces ao longo dos anos. Todo dende o showman do terror no seu grao mais pulp até as súas obras mais introvertidas e introspectivas, que tamén poden ser as que metan mais medo“.

Pavia dirixiu xa en 1997 a adaptación de King The Night Flier sobre un xornalista que persegue a un piloto vampiro.