O rapeiro de debuxos animados

0
191

O popular rapeiro americano Kanye West ven de se atopar con executivos da indústria do cinema para falar sobre a posibilidade de traballar nunha longametraxe con acción real baseada na série de debuxos animados The Jetsons (Os Supersónicos, na súa versión galega).

O rapeiro é un fan dos devanditos debuxos animados e a xuntanza cos directivos foi unha sesión de “brainstorming”. A primeiros da semana pasada xa dera algunhas pistas cando falou da súa nova empresa de deseño, a DONDA, na súa conta do Twitter e dixo que estaba a considerar a posibilidade de ser director creativo no filme dos Jetsons, que leva en fase de proxecto dende hai xa vários anos.

O produtor Denise Di Novi confirmou a súa participación na xuntanza pero dixo que estamos ainda en fases moi iniciais do desenvolvemento: “[West] estaba moi interesado en participar na xuntanza de brainstorming que fixemos sobre o filme e nas ideias que podíamos ter. Foi unha conversa preliminar moi amigábel… Seica vai pensar mais sobre o tema e ver se ten algunhas ideia visual inspiradora“.