A Sony lanzará o Apocalipse de Rogen

0
181

A Sony Pictures está a negociar a posibilidade de financiar e distribuir a comédia da Point Grey e da Mandate Films sobre o fin do mundo The Apocalypse.

A história está inspirada na curtometraxe Jay and Seth vs. The Apocalypse, protagonizada por Seth Rogen e Jay Baruchel, na que se interpretan a si mesmos, atrapados nun apartamento mentres chega o fin do mundo.

O filme, que contaría cun orzamento de entre 30 e 40 millóns de dólares, expande o punto de vista da curta e a parella protagonista estará acompañada por James Franco, Jonah Hill, Danny McBride e Craig Robinson, todos eles atrapados esta vez no apartamento de Franco en Los Angeles mentres chega a apocalipse. Está prevista asemade a participación de vários famosos en cameos.

Rogen e mais o seu habitual parceiro guionista Evan Goldberg escribiron o guión orixinal, que ambos producirán e dirixirán.