Se hai un actor de moda nestes intres ese é Robert Downey Jr., a quen de seguro non lle falta o traballo nin as ofertas. A última, polo de agora, ven da man de Tim Burton, que está a tentar ao neoiorquino para que protagonice no papel de Geppetto a súa nova versión de Pinocchio para a Warner Bros. Pictures.
O clásico libro infantil do italiano Carlo Collodi narra a história dun boneco de madeira modelado por un carpinteiro (Downey Jr.) que non ten fillos e quere que o boneco se converta nun neno de verdade. A versión en debuxos animados da Disney de 1940 é ainda hoxe en día a mais famosa.
Do mesmo xeito cá súa Alice in Wonderland, esta longametraxe sería unha espécie de secuela do conto orixinal, con Geppetto embarcado nunha busca para se reunir co seu monicreque desaparecido.
Bryan Fuller (Pushing Daisies) escribiu o guión e Dan Jinks é o produtor. Polo de agora non se sabe se este filme entrará axiña ou non na vía rápida de produción ou se ficará en proxecto, pero haberá que ter en conta a disponibilidade de Burton e de Downey para participaren.