Hansel e Gretel, adiados un ano

601

A Paramount e mais a MGM veñen de adiar o lanzamento do filme fantástico de aventuras de Jeremy Renner e Gemma Arterton Hansel and Gretel: Witch Hunters por case un ano dende a data orixinal.

A estrea de Hansel and Gretel estaba inicialmente prevista para o 2 de marzo deste ano, pero a semana pasada chegaran algúns rumores de que ía ser adiada para finais de verán ou comezos de outono. Finalmente, os rumores quedaron curtos e a nova data oficial fixada polos estudos é o 11 de xaneiro de 2013.

Os motivos para este adiamento son tres: primeiro, que o material en 3D ven de chegar aos estudos así que precisan mais tempo para prepara-los e poñe-los no mercado. A segunda razón é que están a agardar ás estreas doutros filmes de Renner, concretamente The Avengers e The Bourne Legacy, para que isto lle axude no seu perfil.

E finalmente o terceiro motivo é que os estudos xa tiveron un par de éxitos considerábeis neste cuarto de ano fiscal con Mission Impossible Ghost Protocol e The Devil Inside, polo que non precisan outro bombazo no despacho de billetes para o mesmo periodo. Ademais, os 34,5 millóns de dólares que recadaron na estrea de Devil Inside amosan que o mes de xaneiro pode ser un gran intre para lanzar un filme.

Os estudos tamen adiaron a estrea da comédia de Eddie Murphie A Thousand Words, que xa foi adiada várias veces anteriormente. Esta vez só por un mes, até o 20 de abril.