Starbuck contra Riddick

0
152

Katee Sackhoff (a capitán Kara “Starbuck” Thrace en Battlestar Galactica) e mais Jordi Molla (Colombiana) son as últimas incorporacións ao elenco de actores do filme de David Twohy Riddick, a terceira entrega da saga homónima que protagoniza Vin Diesel.

Sackhoff está a negociar o seu papel coma Dahl, unha mercenária nórdica que ten a misión de perseguir a Riddick. E Molla interpretaría a Santana, o líder dunha banda de oito cazarrecompensas que queren matar a Riddick.

O guión de Twohy arrinca onde rematou a anterior película, con Riddick deixado por morto nun duro planeta con tres lúas, povoado por creaturas malignas coma os trisons e os demos da area, e perseguido alomenos por dous grupos de mercenários.

Tal e coma se comentara anteriormente, Karl Urban repetirá o seu papel coma Lord Vaako do filme anterior.