O regreso de Bruce Almighty

0
150

A Universal Pictures quere contar con Jim Carrey para que repita o seu papel nunha nova secuela da comédia Bruce Almighty (o filme que en España se titulou Como Dios).

No orixinal de 2003, Carrey interpretou ao reporteiro de televisión Bruce Nolan, a quen Deus lle ofrece a oportunidade de ser Deus durante unha semana.

A secuela de 2007, titulada Evan Almighty, estaba protagonizada polo colega de Bruce na canle de televisión Evan Baxter (interpretado por Steve Carell) e cun guión insporado na lenda do arca de Noé.

Jarrad Paul e Andrew Mogel están a escribir o libreto da nova entrega. Dado que o proxecto está ainda nas súas primeiras fases, non se sabe se Morgan Freeman regresaría para interpretar o seu papel de Deus, ou se Jennifer Aniston sería outra vez a moza do protagonista, tal e coma fora no filme orixinal.