Star Wars Underworld na tele?

0
208

Star Wars: Underworld é segundo se desvelou hai un par de días o título de traballo para a nova série con actores reais para a televisión baseada no universo de Star Wars que se está a desenvolver actualmente.

O produtor de Star Wars Rick McCallum, mentres facía a promoción de Red Tails, revelou este título, polo de agora provisional, nunha entrevista.

Cando lle preguntaron por como ía a nova série, afirmou que xa se escribiron os redor de cincuenta guións, que agora esperan a luz verde do financiamento para seren producidos. Segundo dixo, os guións son “intemporais” e tratarán sobre o periodo escuro entre os episódios III e IV da saga do cinema.