O descobremento das meigas

0
219

O libretista de teatro e guionista de cinema David Auburn (The Lake House) está a escriir unha adaptación para a pantalla grande da novela fantástica de 2011 de Deborah Harkness Discovery of Witches para a Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre unha estudante que descubre que é descendente directa da primeira muller executada en Salem durante os famosos xuízos ás meigas que se produciron naquela vila no século XVIII.

A estudante descobre un manuscrito perdido dende hai moito tempo na Biblioteca de Oxford e que pode conter o segredo da inmortalidade, pero será captada por un vampiro de 1.500 anos de idade que tenta deter unha guerra entre meigas e vampiros.

Denise Di Novi e Alison Greenspan son as produtoras. O libro, pola súa banda, é o primeiro dunha triloxía que ainda non apareceu no mercado.