Thor 2 xa ten un novo guionista

0
185

O guionista de Saving Private Ryan Robert Rodat será o encargado de reescribir o guión de Thor 2 para a Marvel Studios. O primeiro guión, orixinal de Don Payne, non acabou de convencer aos estudos, que agora encargaron a Rodat que lle faga algúns axustes.

Pola súa banda, o actor Tom Hiddleston confirmou recentemente nunha entrevista que a rodaxe escomezará este verán en Londres baixo a dirección de Alan Taylor.

O filme en todo caso ten prevista a estrea para o 15 de novembro de 2013.