Rob Marshall entra nos bosques

0
221

Rob Marshall (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) será o encargado de dirixir unha adaptación ao cinema do clásico musical de Brodway dos anos 80 Into the Woods para a Disney Pictures.

O musical narra a história dun panadeiro e da súa muller que queren formar unha família, pero o libreto incorpora a moitos persoaxes dos clásicos contos de fadas, coma Cincenta, Rapunzel ou a Carrapuchiña Vermella.

Polo de agora non hai reparto confirmado. Un dos co-creadores do musical, James Lapine, traballará xunto con Marshall no guión. O director tamén quere contar co outro creador e compositor da música orixinal, Stephen Sondheim.

Marshall pola súa banda está tamén ocupado polo de agora tentando convencer á Warner Bros. para que lle produzan unha nova versión de The Thin Man que inclúe a Johnny Depp coma protagonista.