Isabelle Fuhrman úne-se a After Earth

0
219

A actriz de The Hunger Games Isabelle Fuhrman está a negociar a súa incorporación a After Earth, a nova película de aventuras e ciéncia-ficción do director M. Night Shyamalan para a Sony Pictures e mais a Overbrook Entertainment.

Will e Jaden Smith serán os protagonistas, nos papeis de pai e fillo que se estrelan coa súa nave na Terra nil anos despois de que a humanidade abandoara o planeta. Após do accidente o pai está malferido e o rapaz deberá procurar axuda nun lugar que agora é estraño e perigoso. Zoe Kravitz e Sophie Okonedo son as outras dúas protagonistas.

M. Night Shyamalan dirixe este filme cun guión de Gary Whitta e Stephen Gaghan. A rodaxe escomezará en marzo en Pennsylvania e Utah.