Dan Harris monta no aeroescorregador

0
177

A Disney ainda mantén vivo o seu longamente agardado proxecto de levar ao cinema a novela para adolescentes do escritor australián Matthew Reilly Hover Car Racer.

A história, composta por unha saga de libros, vai sobre Jason Chaser, un xoven estudante que compite nunhas carreiras moi perigosas cun coche aeroescorregador, chamado o Argonauta, axudado polo seu amigo mecánico, un mozo friqui chamado Bug.

Tamén hai unha chea de escenas escolares ambientadas na escola de adestramento para pilotos na illa de Tasmánia, que foi privatizada, e a preparación para as carreiras mais importantes do mundo, que son en Londres, Sydney, New York e Itália.

Os últimos dados que se tiñan sobre esta produción dicían que Blaise Hemingway estaba a adaptar o guión xunto ao director de anúncios Fredrik Bond, que era o máximo candidato para se encargar da realización. Agora, nombergantes, soubo-se que o coguionista de X2 e Superman Returns Dan Harris ven de chegar a bordo deste proxecto para traballar no guión, que os estudos levan tentando adaptar dende 2004. Alfred Gough e Miles Millar son os produtores.