A nova precuela de Galactica

0
237

Edward James OlmosO SCI FI Channel ven de anunciar que emitirá un novo telefilme de dúas horas de duración, que será una precuela á actual série Battlestar Galactica, en 2009 após do remate da tempada.

Dirixido por Edward James Olmos, o filme, que ainda non ten título, estará ambientado xusto antes dos acontecementos da minisérie orixinal de Galáctica, centrándo-se no Cylon Número Un, coñecido coma Cavil (Dean Stockwell), o líder da resisténcia Sam T. Anders (Michael Trucco) e no xefe Galen Tyrol (Aaron Douglas).

No comezo, os Cylóns tiñan un plan, pero non tiveron en conta unha cousa: aos supervivintes. Durante os caóticos efectos posteriores á destrución nuclear, dous poderosos axentes Cylóns loitaron contra complots e prioridades en naves humanas que fuxían e entre os loitadores da resisténcia que foron deixados atrás.

O filme contará cun guión de Jane Espenson e será rodado en Vancouver, Canadá, ao remate do verán. Será emitido pola tele e ademáis distribuido en DVD pola Universal Studios Home Entertainment.

Os dez episódios finais da cuarta e derradeira tempada de Battlestar Galactica poderán ver-se en 2009.