O rapaz luar cento por cento

0
170

A Bazelevs, a compañía de Timur Bekmambetov (Wanted), ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Stephen Tunney One Hundred Percent Lunar Boy.

Edward Ricourt (Now You See Me) foi contratado para adaptar este libro, ambientado dous mil anos no futuro. Alí, un rapaz de 16 anos chamado Hieronymus Rexaphin, e que vive na Lúa xa colonizada polos homes, atopa unha rapaza da Terra que está vencellada a el dun xeito misterioso, por mor do seu poder para ver o futuro.

Bekmambetov producirá este filme épico sobre como uns adolescentes se fan maiores de idade xunto a Michele Wolkoff.