O regreso dun dúo diabólico

0
128

O director do recente éxito The Devil Inside William Brent Bell e mais o guionista Matthew Peterman volverán a traballar xuntos nun proxecto que recollerá outro clásico do terror mitolóxico nun filme de características semellantes.

O argumento polo de agora está baixo chave, pero xa se sabe que Bell será o director e que Peterman escribiu o guión. A rodaxe escomezará en Romania en abril coa participación no financiamento da Sierra/Affinity e mais a Incentive Filmed Entertainment Fund.

Peterman, Morris Paulson e mais Steven Schneider son os produtores.

As novas chegan xuntos uns días despois de que se soubera que Bell dirixirá outro filme dalgún xeito tamén ambientado nun mundo mitolóxico, o thriller de conspiracións The Vatican na Warner Bros. Pictures.