Trank para o relanzamento dos 4F

0
152

O responsábel de Chronicle, Josh Trank, é nestes intres o máximo candidato a se facer coa cadeira de director para o relanzamento da franquía dos 4 Fantásticos pola 20th Century Fox.

Michael Green (Green Lantern) está a escribir un novo guión sobre os clásicos heroes da Marvel Comics que obtiveron os seus superpoderes grazas á exposición aos raios cósmicos durante unha misión científica no espazo.

Os anteriores dous filmes, dirixidos por Tim Story en 2005 e 2007, recadaron 620 millóns de dólares no despacho de billetes a pesar das pésimas críticas que recebiron. Agora, o obxectivo da Fox é recomezar a história e dar-lle algunha credibilidade á franquía, do mesmo xeito que fixeron co filme do ano pasado X-Men: First Class.

A Fox está primeiro a agardar que tal lle vai no despacho de billetes a Chronicle antes de lle ofrecer oficialmente o posto de director a Trank. De todos os xeitos, seica xa se produciron algunhas entrevistas para falar do filme.

Akiva Goldsman estivo até pouco vencellado ao proxecto coma produtor, pero o abandonou hai uns meses.