O realizador Joss Whedon comentou nunha recente entrevista que grande parte do seu filme deste verán The Avengers da Marvel Studios será narrado dende a perspectiva de Steve Rogers (ou sexa, o Capitán América).
Whedon dixo que o principal problema cando escomezou a escribir o guión para este filme de superheroes é que “non hai ningún motivo para que todos estes persoaxes estean xuntos no mesmo filme. Así que iso é do que vai o meu filme“.
Coma resultado, “grande parte da película acontece dende a perspectiva de Steve Rogers, dado que el é o tipo que ven de espertar e mira este mundo coma algo moi raro. Todos os demais xa viviron nel“.
Estes comentários encaixan cos de Chris Evans a unha revista recentemente, nos que chamou ao seu persoaxe “un tipo que vai ao gran. É probábelmente un pouco aburrido coma persoaxe, pero coido que ten os pes na terra. Cando tes todas esas persoalidades e egos, precísa-se alguén que os poña no seu sítio e que lles recorde que isto é un equipo, non un espectáculo individual“.